En 1639 o escultor galego Mateo de Prado contrata cos monxes bieitos de San Martiño Pinario a execución do cadeirado de coro. Os temas que haberían de albergar os respaldos dos pisos baixo e alto e mailo gardapós quedan estipulados xa nas primeiras capitulacións: respectivamente, a vida da Virxe María, un santoral e a vida e milagres de San Bieito.

Fronte ó que tradicionalmente se formulara, vinte e catro dos trinta e cinco relevos con escenas da Nosa Señora poden explicarse a partir dunha única fonte: a serie de gravados do Officium Beatae Mariae Virginis impreso na Officina Plantiniana de Amberes en 1609 e reeditado coas mesmas pranchas en 1622 e 1652.

Pola súa banda, como sinalou Lois Fernández, os paneis dedicados ó santo fundador seguen a pés puntillas a Vita aefigiata publicada en roma en 1579 co título Vita et Miracula Sanctisimi Patris Benedicti. Ex Libro II Dialogorum Beati Gregorii Papae et Monachi collecta.
 
 

Galería de escenas narrativas. Vida da Virxe María