Observacións

Ó analizar este taboleiro, Rosende (2000: 49) sinalou que “como fondo, quizais se puidese ver nas arquitecturas do último termo o aspecto que por estas datas ofrecería a cabeceira da catedral compostelá e a pequena capela de Santa María de Corticela (unida máis tarde á Basílica e onde tivera a súa orixe a fundación de Pinario), vista dende o mosteiro [de Pinario] que está en fronte”.