Tema: O ceo como recompensa dos tormentos padecidos en vida

Explicación: Para ilustra-lo epílogo da obra, Ginther acude á pictura da Arca de Noé repousando sobre os montes de Armenia.

Entre as distintas prerrogativas de María que os autores recoñecen nesta figura veterotestamentaria, Ginther incide fundamentalmente en dúas cuestións: primeiro, na capacidade salvífica da Virxe en tanto que mediadora; e segundo, na gloria final que acada como recompensa ós seus méritos e despois de tódalas dores e angurias que padeceu en vida, especialmente, durante a Paixón e Morte de Cristo.

Xustamente, esta segunda implicación do símbolo encerra unha ensinanza destinada ó fiel que xa o resumo expresa: “Como a Nai dolorosa, é preciso que nós entremos no reino de Deus por moitos tormentos e tribulacións”.

Deste modo, o epílogo funciona como un recordatorio daquela reiterada advertencia bíblica “porque todo aquel que se enxalza, humillado será, e o que se humilla, será enxalzado”, ou, como o mote do emblema sintetiza, Non mergitur, sed extollitur (Non será afundido, senón levantado).

Para unha explicación máis detallada, pincha AQUÍ (en español)

Este mesmo emblema pódese atopar en:

• Boschius, 1701: 11 (Classis III, n. 124. Significado: Adversidades, tribulacións e calamidades: causa da maior felicidade e gloria)