Tema: A Oración no Horto
Explicación: A partir da lectura tipolóxica da profecía de Isaías Torcular calcavi solus & de genibus non est vir mecum (O lagar pisei eu só e das nacións non hai home algún comigo), a figura da prensa convértese nun símbolo da Paixón de Cristo. Concretamente, entre os distintos episodios que compoñen o ciclo da Paixón, a prensa resulta especialmente apropiada para referir a Oración no Horto das Oliveiras: primeiro, porque proporciona unha imaxe eficaz para recordar as pingas de sangue nas que se transformou entón a suor de Xesús (de aí o encabezado desta meditación: “A suor sanguínea no horto”); e segundo, porque atendendo a Ginther, en Gethsemaní “a causa da abundancia de oliveiras colocárase unha prensa, non de uvas, senón de olivas, xunto á cal Cristo mandou sentarse ós seus discípulos”. Agora ben, fronte a iconografía habitual da prensa mística, onde Xesús se representa coma acio prensado (véxanse, por exemplo, os gravados de H. Wierix e J. Callot con este tema), a pictura deste emblema amosa dous corazóns co obxectivo de evidenciar que os sufrimentos e dores da Paixón non só afectaron ó Señor, senón tamén a María. En relación con elo, o resumo que encabeza esta Consideratio sinala: “A Nai dolorosa, cando Cristo estaba orante no horto, oraba, cando agonizante, agonizaba”. Para unha explicación máis detallada, pincha AQUÍ (en español).