Situada na antiga igrexa dos xesuítas de Oviedo e actual parroquia de San Isidoro o Real, a capela da Dolorosa presenta no seu arco de acceso 24 emblemas procedentes dunha única fonte: o libro Mater Amoris et Doloris, escrito polo párroco alemán Anton Ginther e publicado por vez primeira en Augsburgo en 1711.Descoñécese tanto a autoría como a cronoloxía exacta destas pinturas, se ben as Annuae litterae Castellanae Provinciae de 1737-1740 establecen un termo post quem para a súa datación, grazas á seguinte noticia: “[nese trienio] séguese a traballar na magnífica estrutura do templo, que avanzou moito nestes tres anos, colocándose imaxes e outros obxectos moi fermosos; recentemente erixiuse un altar a Nosa Señora dos Dolores”(ARSI Cast. 32 II f. 604v).Polo tanto, considerando que moi posiblemente este programa foi realizado cando a igrexa aínda estaba nas mans da Compañía e que en 1767 execútase a Pragmática Sanción de Carlos III, cremos razoable fixa-la súa cronoloxía no segundo terzo do século XVIII.
Galería de emblemas